Oferta

VIAXE DO CASTREXO, A

El precio original era: €24,89.El precio actual es: €7,47.

SKU: 9788411760584_A Categorías: ,

Descripción

A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois de ser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado. Na súa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas.Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior, do protagonista, un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor. E todo adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es PLAZA POUTAS, ALEXANDRE
  • ISBN13 9788411760584
  • ISBN10 8411760588
  • Páginas 570
  • Año de Edición 2023