Descripción
O Iibro «Que pasa co galego?» responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?…O sociolingüista Fernando Ramallo aborda con sinxeleza e claridade todos os temas fundamentais para comprender o papel e a situación da lingua galega neste século XXI, sen esquecer cuestións tan fundamentais como a relación entre a lingua e a familia, a intelixencia artificial, a economía, a política, a lusofonía e os desafíos do futuro.»Que pasa co galego?» propón unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.
- Encuadernación Bolsillo
- Autor/es RAMALLO FERNANDEZ, FERNANDO
- ISBN13 9788411103770
- ISBN10 8411103773
- Páginas 144
- Año de Edición 2023




