Oferta

CACHITA O PARAUGAS E MAIS EU

El precio original era: €15,15.El precio actual es: €4,55.

SKU: 9788411104128_A Categoría:

Descripción

«De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan. Cachita liscou a fume de carozo. «Teño que ir, Lucía, pareceume ver a mamá!» Corrín atrás dela, subín ao faiado, apañei o meu prezado paraugas encarnado e tendinllo: «Terma, necesitarás algo para te defenderes».»En 1918 prodúcese na bisbarra de Ferrol a coñecida como «Revolta das pedradas», un movemento liderado por mulleres que protestaban pola alza do prezo da fariña e a escaseza de provisións. Como consecuencia da Gran Guerra, os comerciantes acaparaban produtos de primeira necesidade para vendelos fóra a un custe máis elevado e, o pouco que distribuían, tiña prezos prohibitivos. Fartas das restricións e da inacción das autoridades, as mulleres (labregas, panadeiras, obreiras) e os traballadores do arsenal organizaron comisións e convocaron folgas, manifestacións e asaltos a comercios para requisaren alimentos de primeira necesidade. Nese contexto convulso nace a amizade inquebrantable entre as nenas Lucía e Cachita. «Cachita, o paraugas e mais eu» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.

  • Encuadernación Tapa dura
  • Autor/es Aneiros, Rosa
  • ISBN13 9788411104128
  • ISBN10 8411104125
  • Páginas 40
  • Año de Edición 2024