Oferta

A MIÑA VIDA NAS ESTRADAS

El precio original era: €21,75.El precio actual es: €6,53.

SKU: 9788418966668_A Categoría: Etiqueta:

Descripción

Gloria Steinem tivo unha infancia itinerante. Cando era pequena, o seu pai adoitaba meter a toda a familia no coche e conducir, cada outono, ao longo de Estados Unidos en busca de aventuras para gañar a vida. E así se plantou a semente: Steinem deuse conta de que crecer non tiña por que significar estar sempre no mesmo lugar e comezou unha vida dedicada a viaxar, ao activismo e ao liderado, a escoitar as voces de quen inspira o cambio e a revolución.A miña vida nas estradas é a historia amena, conmovedora e profunda de como Gloria foi medrando, e con ela tamén creceu o movemento revolucionario pola igualdade, dende a súa primeira experiencia de activismo feminista na India ao seu traballo como xornalista nos anos sesenta, do bulebule das campañas electorais á fundación da revista Ms.

  • Encuadernación Tapa blanda
  • Autor/es Steinem, Gloria
  • ISBN13 9788418966668
  • ISBN10 8418966661
  • Páginas 344
  • Año de Edición 2023